Portada galega

From Wikimedia Foundation Governance Wiki
Revision as of 21:16, 5 November 2010 by Azariv (talk | contribs)

Template:HomeLang

Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano. Ese é o noso compromiso.
E necesitamos a túa axuda. Por favor, apoia a Fundación Wikimedia facendo unha doazón hoxe.

Blogue da Wikimedia

Consulta as últimas novas acerca da Fundación Wikimedia. Template:Blogbox

Apóianos

A Fundación Wikimedia depende en gran parte das xenerosas doazóns dos seus usuarios. Por favor, considera realizar unha doazón, contribuíndo co teu tempo, os teus cartos ou axudándonos a mercar hardware. A páxina de benfeitores está dedicada a algunhas das compañías e individuos que axudaron a manter os proxectos da Wikimedia. A Fundación Wikimedia non avala necesariamente as actividades dos seus benfeitores corporativos.

A Fundación Wikimedia é unha organización sen fins de lucro localizada nos Estados Unidos de América do tipo 501(c)(3), as doazóns dos cidadáns estadounidenses son deducibles de impostos. As doazóns feitas por cidadáns doutros países tamén poden ser deducibles segundo os casos. Bótalle un ollo á páxina sobre a dedución de doazóns para obter máis información. Para ampliar os detalles acerca das doazóns feitas mediante o PayPal, MoneyBookers, correo postal ou ingreso bancario, vai á páxina de recadación de fondos. Para calquera outro tipo de doazón, ponte en contacto connosco.

Detalles corporativos

O consello de administración da Wikimedia é a principal autoridade corporativa na Fundación Wikimedia, Inc., e ten o poder de dirixir as actividades da Fundación. Os regulamentos da Fundación pódense consultar nos estatutos da Fundación Wikimedia. As outras políticas dispostas polo consello están presentes na páxina de políticas.

A Fundación xestiona o orzamento, que serve para pagar en primeiro lugar o equipamento informático e os servidores. Nos custos restantes atópase o persoal necesario para manter os proxectos da Wikimedia, aínda que a maior parte dos colaboradores son voluntarios. Este sitio mantén unha lista de comunicados relativos ás reunións do consello.

As últimas decisións do consello atópanse na páxina de resolucións.

Informe anual 2008/2009

Template:Image

Le o informe anual
da Fundación Wikimedia
pertencente ao período 2008/2009

Dentro da Wikimedia

Reproduce o vídeo "Dentro da Wikimedia".


Últimas novas

Template:News-en Consulta tamén a actualidade, se queres máis información.


Política de protección de datos: Se unicamente visitas os sitios web dos proxectos da Wikimedia, non se recolle ningunha información adicional a maiores da que tipicamente queda recollida nos rexistros dos sitios web en xeral. Se contribúes nos proxectos da Wikimedia, estás liberando publicamente cada palabra que escribes. Se publicas algo, asumes que se manterá para sempre. Isto inclúe artigos, páxinas de usuario e mais de conversa. Consulta a política oficial para obter máis detalles.