Jimmy Thank You/gl
Un agradecemento do fundador da Wikipedia, Jimmy Wales
Vaites! Que podo dicir? Grazas.
Acaba de rematar a campaña de recadación de fondos que máis éxito logrou na nosa historia: 16 millóns de dólares estadounidenses en menos de 8 semanas.
Incrible. Pero non estou sorprendido.
En 2001, fixen unha aposta coa xente, e vós nunca me defraudastes.
Todos vós creastes a maior colección de coñecemento humano endexamais reunido: 19 millóns de artigos enciclopédicos en 270 linguas, medrando e mellorando cada día. Apoiástelo, financiástelo e protexéstelo.
Os anuncios non pagan a Wikipedia. Facédelo vós. A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada no mundo (400 millóns de persoas o último mes); e financiamos os nosos servidores e pagamos o noso persoal integramente con doazóns.
As vosas doazóns manteñen a Wikipedia de balde e sen publicidade. As vosas doazóns manteñen a propagación do acceso gratuíto ao coñecemento en todo o mundo.
Grazas por todo o que destes para facer a Wikipedia unha realidade. Os vosos comentarios inspiráronme e síntome privilexiado por ser testemuña da vosa paixón pola Wikipedia.
É unha historia extraordinaria. Non existe nada igual.
E se aínda non fixeches unha contribución para apoiar a Wikipedia, non é tarde. Podes facer un agasallo para soster o intercambio libre e aberto de coñecemento. Só tes que premer aquí.
Grazas de novo.
Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia