Declaración de confidencialidade dos comentarios

From Wikimedia Foundation Governance Wiki
Revision as of 16:38, 1 April 2013 by MZMcBride (talk | contribs) (autocategorize)

Os seus comentarios

Apreciamos os seus comentarios! Ler as opinións de usuarios coma vostede é un dos mellores xeitos de descubrir o que funciona e o que non, así como de mellorar os nosos servizos.

Cando achega os seus comentarios, utilizamos esa información dun modo transparente. Nesta páxina detállase o que tratamos como información pública e as licenzas que se aplican. En resumo, acepta facer a súa contribución pública e licenciala baixo CC0 ou CC BY SA 3.0. A menos que se diga o contrario, a súa información persoal tratarase baixo a nosa política de protección de datos, que pode resultar en, por exemplo, a exposición pública do seu ID de usuario.

Se envía o seu enderezo de correo electrónico, podemos empregalo para comunicarnos con vostede e para enviarlle mensaxes en relación aos seus comentarios.

A Fundación Wikimedia pode ollar os comentarios e outra información recollida, incluídos o seu ID de usuario (se o deu) e o seu enderezo IP, así como calquera outro dato que se nos proporcionase ou transmitise.

Como parte do noso esforzo para apoiar e axudar a mellorar as operacións e actividades da Wikimedia, podemos facer públicos os nosos problemas co fin de buscar unha revisión e debate abertos. Por este motivo, podemos publicar parte ou a totalidade dos seus comentarios e información pública en medios públicos, incluídos blogues e páxinas web.

Os seus comentarios e información pública pódense incluír entre os datos dispoñibles abertamente nun esforzo para analizar, compartir ou debater as nosas actividades na Fundación Wikimedia.

Podemos revelar información en caso de que se necesite por lei, co fin de protexer os nosos dereitos, seguridade ou usuarios, e en caso de que sexa necesario facer cumprir os nosos termos de uso.

Podemos compartir os seus comentarios e outra información con provedores de servizos alleos a nós nun esforzo por apoiar ou axudar a mellorar as operacións e actividades da Wikimedia.

Se envía os seus comentarios, dá o seu consentimento para a transferencia da información recollida aos Estados Unidos de América e outros lugares no suposto de que fose necesario cumprir o conxunto de propósitos e obxectivos detallados anteriormente. Vostede entende que non espera compensación por calquera das ideas que nos proporcione.

Grazas de novo por axudar a facer que os proxectos da Fundación Wikimedia sexan mellores!

A Fundación Wikimedia


Nota: O texto anterior é a explicación acerca de como trata a Fundación Wikimedia os comentarios dos usuarios sobre ferramentas como o Panel de avaliación de artigos, o Amor wiki e a Barra de humor, así como outras características especiais. Esta explicación está ligada desde estas ferramentas como parte do proceso de valoración.

Template:Autocategorize