Portada galega

From Wikimedia Foundation Governance Wiki
Revision as of 20:01, 2 September 2009 by Cbrown1023 (talk | contribs) (upd)

Template:HomeLang

Imaxina un mundo no que todas as persoas do planeta teñen acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano. Esa é a nosa meta.
E necesitamos a túa axuda. Por favor, apoia á Fundación Wikimedia facendo unha doazón hoxe.

Blog da Wikimedia

Consulte as últimas novas acerca da Fundación Wikimedia. Template:Blogbox/2008

Apóienos

A Fundación Wikimedia depende en gran parte das xenerosas doazóns dos usuarios. Por favor, considere realizar hoxe unha doazón, contribuíndo co seu tempo, o seu diñeiro ou axudándonos a mercar hardware. A páxina de benfeitores está dedicada a algunha das compañías e individuos que axudaron a manter os proxectos da Wikimedia. A Fundación Wikimedia no respalda necesariamente as actividades dos seus benefactores corporativos.

A Fundación Wikimedia é unha organización sen ánimo de lucro localizada nos Estados Unidos de América do tipo 501(c)(3), as doazóns dos cidadáns estadounidenses son deducibles de impostos. As doazóns feitas por cidadáns doutros países tamén poden ser deducibles segundo os casos. Por favor vexa a páxina sobre dedución de doazóns para ampliar detalles. Para ampliar detalles das doazóns feitas vía PayPal, MoneyBookers, correo postal ou ingreso bancario, por favor vexa a páxina de recadación de fondos. Para outro tipos de doazóns, por favor contacte connosco.

Sabía que...?

Sabía que a Wikimedia Commons é un repositorio multimedia que contén máis de 2.000.000 de ficheiros?

A colaboradora da Wikimedia Brianna Laugher preséntalle a Wikimedia Commons:

Benvidos á Wikimedia Commons.

Fundada hai tres anos como un medio para evitar cargar a mesma imaxe 200 veces nos wikis existentes, a Wikimedia Commons comezou como un repositorio central de ficheiros multimedia para facer a vida máis doada aos editores da Wikimedia. Desde aquela medrou rapidamente converténdose nunha comunidade multilingüe de fotógrafos, ilustradores, escaneadores de imaxes, editores de audio, tradutores, clasificadores de contidos e redactores de descricións de imaxes.

Lea máis...

Detalles corporativos

O Consello de Administración da Wikimedia é a principal autoridade corporativa na Wikimedia Foundation Inc., e ten o poder de dirixir as actividades da Fundación. Os regulamentos da Fundación poden ser vistos nos Estatutos da Fundación Wikimedia. Outras políticas dispostas polo Consello poden ser vistas nas políticas.

A Fundación xestiona o orzamento, que serve para pagar en primeiro lugar o equipamento informático e os servidores. Outros custos inclúen o persoal necesario para manter os proxectos Wikimedia, aínda que maior parte dos colaboradores son voluntarios. Este sitio web mantén unha lista de comunicados relativos ás reunións do Consello.

As últimas decisións do Consello poden atoparse en resolucións.

Últimas novas

Template:News-en Consulte tamén a actualidade, se quere máis información.

Template:OurProjects-gl


Política de privacidade: Se unicamente lles bota unha ollada aos sitios web dos proxectos da Wikimedia, non se recolle ningunha información adicional a maiores da que tipicamente queda recollida nos rexistros dos sitios web en xeral. Se contribúe nos proxectos da Wikimedia, está publicando publicamente cada palabra que escribe. Se escribe algo, asume que se manterá para sempre. Isto inclúe artigos, páxinas de usuario e mais de conversa. Consulte a política oficial para máis detalles.