FAQ/gl: Difference between revisions

From Wikimedia Foundation Governance Wiki
< FAQ
Content deleted Content added
imported>Toliño
updating FAQ
Tag: New redirect
 
(29 intermediate revisions by 9 users not shown)
Line 1: Line 1:
#REDIRECT [[Frequently asked questions]]
{{Translate-status|Fundraising 2011}}

<div style="text-align:center; margin:2em auto;"><span style="font-size: 15pt;">Fundación Wikimedia – Preguntas máis frecuentes</span></div>

<div style="float:right; margin-left:1.5em; width:30em;">
__TOC__
</div>
<div class="plainlinks">
=== En resumo, que é a Wikipedia? E que é a Wikimedia? ===

A Wikipedia ([http://www.wikipedia.org/ www.wikipedia.org]) é a maior e máis popular enciclopedia do mundo. Está colgada na rede, é de balde e non ten publicidade. A Wikipedia conta con máis de {{ALL-WP-COUNT|million=true}} millóns de voluntarios, autores dalgúns artigos en máis de {{WP-EDITIONS-COUNT}} linguas e recibe as visitas de máis de {{COMSCORE-UNIQUES}} millóns de persoas cada mes, converténdoa nun dos sitios máis populares do mundo.

Trátase dunha creación colaborativa editada por millóns de persoas nos últimos dez anos: calquera pode modificala en calquera momento. A Wikipedia é a maior colección de coñecemento compartido na historia da humanidade. As persoas que apoian este proxecto están unidas polo seu amor á aprendizaxe, a súa curiosidade intelectual e o convencemento de que todos xuntos poderemos aprender moito máis.

A Fundación Wikimedia é a organización sen fins lucrativos que xestiona a Wikipedia e [[Our projects|outros proxectos de contido libre]]. Todos estes sitios xuntos son a quinta páxina web máis visitada no mundo. A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con oficinas en San Francisco, California, EUA. Podes botarlle unha ollada á nosa [[:File:501%28c%293_Letter.png|carta de exención de impostos]] e aos nosos [[Financial reports|informes financeiros e presentacións anuais]].

A nosa misión é potenciar unha comunidade global de voluntarios para recoller e desenvolver os coñecementos do mundo e poñelos á libre disposición de todos para calquera propósito. Traballamos xunto a unha [[Local chapters|rede de capítulos]] en moitos países para acadar este obxectivo.

=== Se fago unha doazón á Wikimedia, onde van parar os meus cartos? ===

Os cartos da túa doazón serven para pagar os salarios dos nosos empregados e a tecnoloxía. Malia que a Wikipedia e mais os seus proxectos irmáns chegan a {{COMSCORE-UNIQUES}} millóns de persoas cada mes, tan só temos {{STAFF-COUNT}} empregados; véxase a vista xeral do noso [[Staff|persoal]].

O noso persoal está dividido en tres departamentos: tecnoloxía (operacións do sitio, desenvolvemento de software); comunidade (chegar ao público, programas comunitarios, recadación de fondos); e desenvolvemento global (apoio nos programas de capítulos e facer medrar a Wikimedia en todo o mundo). O resto dos nosos empregados encárganse da xestión, finanzas e administración, que inclúe a protección legal do noso traballo. O teu apoio tamén paga os servidores, o ancho de banda e o aloxamento na internet que necesitamos para que os proxectos da Wikimedia sigan medrando. Se realizas unha doazón a un [[Local chapter|capítulo local]] da túa zona xeográfica, o diñeiro axudará tanto á Fundación Wikimedia como ao programa de actividades do teu país.

Sobre todo, a Fundación Wikimedia existe para soster e ampliar a enorme rede de voluntarios que escriben e editan a Wikipedia e os seus proxectos irmáns: máis de 100.000 persoas en todo o mundo.

=== Onde podo atopar máis información financeira? ===

O '''informe anual da Fundación Wikimedia 2009–2010''' cobre o ano fiscal pasado (do 1 de xullo de 2009 ao 30 de xuño de 2010) coa vista posta no vindeiro exercicio. O informe anual da Fundación Wikimedia é un resumo da organización das finanzas, o programa de actividades, os fitos e os logros.

O '''plan anual 2011-2012''' é o orzamento que temos para o ano fiscal actual. Contén un resumo dos nosos obxectivos estratéxicos, detalles financeiros sobre os gastos e ingresos, algunhas explicacións polo miúdo e unha análise dos riscos.

Preme nas imaxes inferiores para descargar copias do noso informe anual ou do noso plan anual.

<br clear="all"/>
<div align="center">
{| style="border-style:solid;border-width:2px;border-color:#eeeeee;background:white;" cellpadding="5"
|-
| [[File:WMF Annual Report 2009 2010 Cover image.png‎|250px|link=http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/9f/AR_web_all-spreads_24mar11_72_FINAL.pdf|Informe anual da Fundación Wikimedia 2009–2010]]
|| [[File:2011-12_Wikimedia_Foundation_Plan_FINAL_FOR_WEBSITE_.pdf|435px|link=http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/3/37/2011-12_Wikimedia_Foundation_Plan_FINAL_FOR_WEBSITE_.pdf]]
|- valign="top"
|
'''Descarga o informe anual da Fundación Wikimedia 2009–2010:'''
* '''[[Media:AR_web_all-spreads_24mar11_72_FINAL.pdf|Versión en PDF (5.0 MB)]]'''
||
'''Descarga o plan anual 2011-2012:'''
* '''[[Media:2011-12_Wikimedia_Foundation_Plan_FINAL_FOR_WEBSITE_.pdf|Versión en PDF (400 KB)]]'''
* '''[[2011-2012 Annual Plan Questions and Answers|Preguntas e respostas sobre o plan anual 2011-2012]]'''
|}
</div>

<br clear="all"/>

----

=== Cales son os vosos plans? Ata onde vai isto? ===

Como fundador da organización, Jimmy Wales, dixo: "Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano". Aí é cara a onde nos diriximos. E coa túa axuda, chegaremos.

Cada mes, máis de {{COMSCORE-UNIQUES}} millóns de persoas de todo o mundo empregan a Wikipedia. Está dispoñible en liña, no teu dispositivo móbil, en DVD, nos libros e en moitos outros soportes e lugares. O nosa arela é chegarmos a moita máis xente, e mellorarmos continuamente a calidade da información que proporcionamos. E para facelo:

* estamos a facer máis doada a achega de coñecementos. Nos últimos meses lanzamos unha enorme iniciativa co obxectivo de mellorar a experiencia de usuario, tanto para o engadido de textos como para a subida de contidos multimedia. Hai máis información na [http://usability.wikimedia.org/ páxina web do proxecto].
* estamos a crear recursos de aprendizaxe e adestramento para que se unan a nós máis colaboradores: profesores, estudantes, fotógrafos, cineastas, científicos, bibliotecarios, médicos e moitos outros. Traballamos xunto a unha crecente rede de {{CHAPTER-COUNT}} pólas da Wikimedia, organizadas en capítulos, para chegarmos a eles e animalos a que nos axuden a facer a Wikipedia mellor. Tes máis información na [http://outreach.wikimedia.org/ páxina web do proxecto].
* estamos a desenvolver novas tecnoloxías e novos proxectos para ofrecer unha garantía de calidade que non entre en conflito co espírito aberto da Wikimedia. Para os interesados nestas tecnoloxías, entre elas están o [http://www.mediawiki.org/wiki/Help:Extension:FlaggedRevs seguimento de edicións] e [http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Edit_filter a detección de cambios problemáticos].
* estamos a consultar coa nosa comunidade de editores, así como con expertos, voluntarios e pensadores, para desenvolver estratexias innovadores que nos permitan ser coñecidos por máis xente, termos uns recursos de mellor calidade e incrementarmos o número de voluntarios. Podes atopar máis información sobre a nosa estratexia, que xa leva en funcionamento cinco anos, na [http://strategy.wikimedia.org/ páxina web do proxecto].
* estamos a construír un gran taboleiro que mida o apoio do traballo que realiza o movemento da Wikimedia. Bótalle unha ollada tanto ao noso [http://stats.wikimedia.org/reportcard/ informe mensual] coma ao noso [http://stats.wikimedia.org/ portal de estatísticas].

Por último, tamén é a nosa misión protexer o traballo feito ata o de agora: para reducir o risco de que un desastre ou fallo técnico poida eliminar anacos do noso traballo, asegurámonos de que se copia regularmente en diferentes lugares. Non somos unha empresa novata que polo tanto corre o risco de desaperecer en cuestión de anos: se estamos aquí é para quedar.

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Como facedes para manter aberta a colaboración da Wikipedia sen que perda veracidade? ===

Cremos que canto maior sexa a participación, mellor será a Wikipedia. Con todo e iso, debemos manter unhas [[w:en:Wikipedia:Editorial_oversight_and_control|normas estritas]] que fan a Wikipedia [[Wikipedia:Reliability_of_Wikipedia#Assessments|respectada]] polos [http://www.wired.com/wiredscience/2009/07/wikipedia-training-scientists-on-wiki-culture/ científicos], os [[Wikipedia:Reliability_of_Wikipedia#Academia|académicos]], os [http://www.cjr.org/behind_the_news/health_care_and_wikipedia.php xornalistas] e os nosos [[benfeitores]].

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Que proxectos sostedes? ===
A Fundación Wikimedia mantén a Wikipedia, unha enciclopedia en liña e unha das cinco páxinas web máis visitadas. Des que se fundou en xaneiro de 2001, e coa incorporación da Fundación Wikimedia en xuño de 2003, o noso crecemento foi asombroso. A Wikipedia en inglés, o noso primeiro proxecto, conta con máis de {{EN-WP-COUNT|.}} artigos nestes intres. Todas as wikipedias nas diferentes linguas, combinadas, conteñen máis de {{ALL-WP-COUNT|.}} artigos.

Amais da Wikipedia, a Fundación Wikimedia tamén sostén:

* A [http://commons.wikimedia.org/wiki/Portada_galega Wikimedia Commons], un repositorio de ficheiros que contén máis de {{COMMONS-MEDIA-COUNT|.}} imaxes, vídeos e sons que se poden empregar libremente
* Os [http://gl.wikibooks.org/ Galilibros], un proxecto para crear libros de texto libres
* O [http://gl.wiktionary.org/ Galizionario], un dicionario multilingüe
* As [http://gl.wikisource.org/ Galifontes], unha biblioteca de documentos
* As [http://wikinews.org/ Galinovas], unha páxina web de novas cidadás
* A [http://wikiversity.org/ Galiversidade], unha plataforma de aprendizaxe interactiva
* As [http://gl.wikiquote.org/ Galicitas], unha colección de citas
* As [http://species.wikimedia.org/wiki/Portada_galega Wikispecies], un directorio da vida na Terra

Tamén damos soporte ao desenvolvemento de [http://www.mediawiki.org/wiki/MediaWiki/gl MediaWiki], o software wiki de código aberto que está detrás de todas as nosas páxinas web públicas. Axudamos na organización de eventos de divulgación e comunitarios para animarmos a xente a que contribúa nos nosos proxectos, e proporcionamos [http://static.wikipedia.org/ descargas de copias sen conexión] e [http://download.wikimedia.org/ arquivos da base de datos] dos contidos da Wikipedia.

Podes atopar moita máis información na páxina sobre [[Our projects|os nosos proxectos]].

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Como se xestiona a Fundación Wikimedia? ===
A Fundación Wikimedia conta con {{STAFF-COUNT}} traballadores que forman parte do [[Staff|persoal]], liderados pola directora executiva, Sue Gardner. O persoal coordina o traballo de centos e centos de voluntarios que achegan contidos aos proxectos da Wikimedia. A Fundación Wikimedia tamén está sostida por un incontable número de voluntarios que participan a través de consellos, por exemplo:

O [[Board of Trustees|consello de administración]] articula a misión e mais a visión da Fundación Wikimedia, revisa e axuda a desenvolver plans a longo prazo, encárgase da supervisión e apoia a Fundación Wikimedia durante o período de recadación de fondos. Trátase da última autoridade organizativa da Fundación Wikimedia tal e como está definido nos seus regulamentos. Consulta os [[Meetings|encontros]] para ver as actas publicadas e as [[Resolutions|resolucións]] para ler as resolucións publicadas. A comunidade de colaboradores dos proxectos da Wikimedia son os encargados de elixir parcialmente os membros do consello. Por último, o consello está guiado por outro [[Advisory Board|consello asesor]], liderado por Angela Beesley Starling.

Temos unha oficina en San Francisco, California (EUA) onde traballa a meirande parte dos nosos empregados. Todos os membros do consello e o resto do persoal traballan de xeito remoto.

Esforzámonos por operar coa máxima transparencia, por iso publicamos unhas [[Policies|políticas clave]] e a [[Dinance report|información financeira]].

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== De onde obtén os seus fondos a Fundación Wikimedia? ===
A principal vía de obtención de fondos da Wikimedia é a través das [[doazóns]] de centos de miles de persoas, pero tamén grazas a diversas subvencións e agasallos en forma de servidores e sitios de hospedaxe (le a páxina dos nosos [[benfeitores]]).

A Fundación Wikimedia recibe doazóns procedentes de máis de 50 países de todo o mundo. A doazón media é bastante pequena, pero o cómputo global asegura o noso éxito. A xente pode doar durante todo o ano, pero a Fundación Wikimedia só fai unha petición formal unha vez ao ano.

'''Non consideramos a publicidade como unha fonte de ingresos.'''

A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con base nos Estados Unidos de América. As doazóns feitas desde outras nacións tamén poden contar con dedución de impostos. Bótalle unha ollada á páxina sobre [[Deductibility of donations|desgravación fiscal]] se queres máis detalles. Preme [[Doazóns|aquí]] para obter máis información sobre como realizar unha doazón mediante o PayPal, MoneyBookers ou correo postal. Para calquera outro tipo de doazón, ponte en contacto connosco a través do enderezo donate{{@}}wikimedia.org.

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

{{anchor|Cantos cartos esperades reunir?}}

=== Cantos cartos esperades reunir? ===
O plan para o 2010-11 propón uns ingresos de 20,4 millóns de dólares estadounidenses, un incremento do 28% con respecto aos 15,9 millóns de dólares planeados para o 2009-10.

Podes atopar máis información sobre as nosas finanzas nos nosos [[Financial reports|informes financeiros]]. Aquí está o noso [[Media:2010-11_Wikimedia_Foundation_Annual_Plan_FINAL_FOR_WEBSITE.pdf|plan para o 2010-11]] (PDF) e velaquí as [[2010-2011 Annual Plan Questions and Answers|preguntas e respostas]] relacionadas con el.

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Quen máis apoia o voso obxectivo? ===

A meirande partes dos nosos fondos proveñen de persoas; xente coma ti. Tamén recibimos doazóns de fundacións comunitarias e privadas, así como contribucións en especie por parte de empresas. Pódense atopar na nosa páxina de [[Donate/Benefactors/en|benfeitores]].

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Onde podo atopar máis información sobre as vosas actividades recentes? ===
Para o ano fiscal 2008-09, '''descarga o informa anual 2008-2009:''' '''[[Media:WMF Annual Report 20082009 online.pdf|versión en PDF (2.0 MB)]]'''

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Como podo doar? ===
Para doar, visita [[WMFJA1/gl|a nosa páxina de recadacións]]. Podes doar mediante tarxeta de crédito (VISA, Mastercard, Discover ou American Express), PayPal, Moneybookers, transferencia bancaria ou enviando un cheque á Fundación. As nosas opcións de doazón inclúen a maioría das moedas (aínda que non todas).

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

==== Onde envío os cheques? ====
Envía os cheques a:

{{Lockbox address}}

Preferimos cheques en dólares estadounidenses, estendidos en contas bancarias estadounidenses. Custaranos moito procesar os cheques con moeda diferente dos dólares estadounidenses ou procedentes de contas bancarias de fóra dos EUA, o cal fará minguar o valor do teu agasallo. Se non posúes unha conta bancaria estadounidense, podes maximizar o valor da túa doazón mediante o PayPal ou a transferencia bancaria.

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

==== Onde envío formularios, cartas ou calquera outro material á Fundación Wikimedia? ====
Envía toda a correspondencia ao noso enderezo seguro:

{{Lockbox address}}

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

==== Podo facer doazóns de existencias á Fundación Wikimedia? ====

A Fundación Wikimedia acepta doazóns de existencias. Podes realizar unha doazón transferindo a mercadoría directamente, indicando toda a información necesaria.

{{Stock address}}

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

==== Teñen desgravación fiscal as miñas doazóns? ====
Vai á [[Deductibility of donations|lista de países]] se queres máis información.

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

==== Se fago unha doazón, como recibo o comprobante fiscal? ====

Se doas mediante o PayPal ou tarxeta de crédito, recibirás un comprobante fiscal por correo electrónico, sempre que o incluíses no formulario de doazón. Aquelas persoas que realicen unha doazón por cheque superior aos 50 dólares estadounidenses recibirán o comprobante fiscal por correo postal, en caso de que desen o enderezo do remitente. Tamén podes solicitar un comprobante fiscal da túa doazón escribíndonos a giving{{@}}wikimedia.org (lembra incluír a información de contacto, o método que usaches para doar e a cantidade da doazón).

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

==== Podo facer unha doazón para que se empregue nun fin específico? ====
As organizacións caritativas establecidas nos Estados Unidos de América, a Fundación Wikimedia incluída, están obrigadas a cumprir as restricións solicitadas polos doantes. Isto significa que se especificas o uso concreto que queres que lle deamos á túa doazón nós ou ben respectaremos a túa petición ou ben devolverémosche a doazón. Pero antes de o faceres, ten en conta que as doazóns sen restricións son moito máis útiles para nós. Cada restrición impón gastos xerais de administración e de planificación, e asemade incrementa a complexidade interna en canto á xestión.

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

==== Por que hai unha doazón mínima? ====
A doazón máis pequena que podes realizar é de 1 dólar estadounidense. Recibimos pequenas doazóns de xente que non conta con moitos cartos, e estamos realmente agradecidos de termos estes doantes. En verdade, se o agasallo é significativo para ti, éo tamén para nós. Pero non é insólito atoparse con persoas que fan uso dos sistemas de doazóns como o noso para probaren tarxetas de crédito roubadas para comprobar se funcionan. Esta xente adoita dar unha pequena cantidade de diñeiro para probar: cremos que a cantidade mínima de 1 dólar estadounidense disuadiraos de non facelo.

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Que podo facer para axudar ao espallamento da palabra? ===

Difunde isto do xeito que poidas! Dillo á familia e aos amigos. Cóntalles o que a Wikipedia significa para ti. Pregúntalles se a empregan, e se é así, o que representa para eles. Mesmo podes usar este texto como sinatura ao final dos teus correos electrónicos:

<tt>Creamos a mellor colección de coñecemento compartido da historia. Axuda a protexer a Wikipedia. Doa agora: http://wikimediafoundation.org/wiki/WMFJA1/gl</tt>

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Cal é a vosa política de protección de datos coas doazóns? ===
Tomamos moi en serio o dereito ao anonimato dos nosos doantes. Bótalle unha ollada á nosa [[Donate/Donor Privacy|política de protección de datos]] para obteres máis información. En resumo: non compartimos, nin vendemos nin comerciamos co teu enderezo de correo electrónico.

[[#top|Volver ao comezo]] &ndash; [[WMFJA1/{{#ifexist:WMFJA1/{{SUBPAGENAME}}|{{SUBPAGENAME}}|gl}}#newtop|Doa agora]]

=== Como podo poñerme en contacto coa Fundación? ===
Vai á páxina ''[[Contact us|contacta connosco]]'' para obteres máis información.

</div>

Latest revision as of 03:20, 19 September 2018