FAQ/gl
En resumo, que é a Wikipedia? E que é a Wikimedia?
A Wikipedia (www.wikipedia.org) é a maior e máis popular enciclopedia do mundo. Está colgada na rede, é de balde e non ten publicidade. A Wikipedia conta con máis de Template:ALL-WP-COUNT millóns de voluntarios, autores dalgúns artigos en máis de Template:WP-EDITIONS-COUNT linguas e recibe as visitas de máis de Template:COMSCORE-UNIQUES millóns de persoas cada mes, converténdoa nun dos sitios máis populares do mundo.
Trátase dunha creación colaborativa editada por millóns de persoas nos últimos dez anos: calquera pode modificala en calquera momento. A Wikipedia é a maior colección de coñecemento compartido na historia da humanidade. As persoas que apoian este proxecto están unidas polo seu amor á aprendizaxe, a súa curiosidade intelectual e o convencemento de que todos xuntos poderemos aprender moito máis.
A Fundación Wikimedia é a organización sen fins lucrativos que xestiona a Wikipedia e outros proxectos de contido libre. Todos estes sitios xuntos son a quinta páxina web máis visitada no mundo. A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con oficinas en San Francisco, California, EUA. Podes botarlle unha ollada á nosa carta de exención de impostos e aos nosos informes financeiros e presentacións anuais.
A nosa misión é potenciar unha comunidade global de voluntarios para recoller e desenvolver os coñecementos do mundo e poñelos á libre disposición de todos para calquera propósito. Traballamos xunto a unha rede de capítulos en moitos países para acadar este obxectivo.
Se fago unha doazón á Wikimedia, onde van parar os meus cartos?
Os cartos da túa doazón serven para pagar os salarios dos nosos empregados e a tecnoloxía. Malia que a Wikipedia e mais os seus proxectos irmáns chegan a Template:COMSCORE-UNIQUES millóns de persoas cada mes, tan só temos Template:STAFF-COUNT empregados; véxase a vista xeral do noso persoal.
O noso persoal está dividido en tres departamentos: tecnoloxía (operacións do sitio, desenvolvemento de software); comunidade (chegar ao público, programas comunitarios, recadación de fondos); e desenvolvemento global (apoio nos programas de capítulos e facer medrar a Wikimedia en todo o mundo). O resto dos nosos empregados encárganse da xestión, finanzas e administración, que inclúe a protección legal do noso traballo. O teu apoio tamén paga os servidores, o ancho de banda e o aloxamento na internet que necesitamos para que os proxectos da Wikimedia sigan medrando. Se realizas unha doazón a un capítulo local da túa zona xeográfica, o diñeiro axudará tanto á Fundación Wikimedia como ao programa de actividades do teu país.
Sobre todo, a Fundación Wikimedia existe para soster e ampliar a enorme rede de voluntarios que escriben e editan a Wikipedia e os seus proxectos irmáns: máis de 100.000 persoas en todo o mundo.
Onde podo atopar máis información financeira?
O informe anual da Fundación Wikimedia 2009–2010 cobre o ano fiscal pasado (do 1 de xullo de 2009 ao 30 de xuño de 2010) coa vista posta no vindeiro exercicio. O informe anual da Fundación Wikimedia é un resumo da organización das finanzas, o programa de actividades, os fitos e os logros.
O plan anual 2011-2012 é o orzamento que temos para o ano fiscal actual. Contén un resumo dos nosos obxectivos estratéxicos, detalles financeiros sobre os gastos e ingresos, algunhas explicacións polo miúdo e unha análise dos riscos.
Preme nas imaxes inferiores para descargar copias do noso informe anual ou do noso plan anual.
Cales son os vosos plans? Ata onde vai isto?
Como fundador da organización, Jimmy Wales, dixo: "Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano". Aí é cara a onde nos diriximos. E coa túa axuda, chegaremos.
Cada mes, máis de Template:COMSCORE-UNIQUES millóns de persoas de todo o mundo empregan a Wikipedia. Está dispoñible en liña, no teu dispositivo móbil, en DVD, nos libros e en moitos outros soportes e lugares. O nosa arela é chegarmos a moita máis xente, e mellorarmos continuamente a calidade da información que proporcionamos. E para facelo:
- estamos a facer máis doada a achega de coñecementos. Nos últimos meses lanzamos unha enorme iniciativa co obxectivo de mellorar a experiencia de usuario, tanto para o engadido de textos como para a subida de contidos multimedia. Hai máis información na páxina web do proxecto.
- estamos a crear recursos de aprendizaxe e adestramento para que se unan a nós máis colaboradores: profesores, estudantes, fotógrafos, cineastas, científicos, bibliotecarios, médicos e moitos outros. Traballamos xunto a unha crecente rede de Template:CHAPTER-COUNT pólas da Wikimedia, organizadas en capítulos, para chegarmos a eles e animalos a que nos axuden a facer a Wikipedia mellor. Tes máis información na páxina web do proxecto.
- estamos a desenvolver novas tecnoloxías e novos proxectos para ofrecer unha garantía de calidade que non entre en conflito co espírito aberto da Wikimedia. Para os interesados nestas tecnoloxías, entre elas están o seguimento de edicións e a detección de cambios problemáticos.
- estamos a consultar coa nosa comunidade de editores, así como con expertos, voluntarios e pensadores, para desenvolver estratexias innovadores que nos permitan ser coñecidos por máis xente, termos uns recursos de mellor calidade e incrementarmos o número de voluntarios. Podes atopar máis información sobre a nosa estratexia, que xa leva en funcionamento cinco anos, na páxina web do proxecto.
- estamos a construír un gran taboleiro que mida o apoio do traballo que realiza o movemento da Wikimedia. Bótalle unha ollada tanto ao noso informe mensual coma ao noso portal de estatísticas.
Por último, tamén é a nosa misión protexer o traballo feito ata o de agora: para reducir o risco de que un desastre ou fallo técnico poida eliminar anacos do noso traballo, asegurámonos de que se copia regularmente en diferentes lugares. Non somos unha empresa novata que polo tanto corre o risco de desaperecer en cuestión de anos: se estamos aquí é para quedar.
Como facedes para manter aberta a colaboración da Wikipedia sen que perda veracidade?
Cremos que canto maior sexa a participación, mellor será a Wikipedia. Con todo e iso, debemos manter unhas normas estritas que fan a Wikipedia respectada polos científicos, os académicos, os xornalistas e os nosos benfeitores.
Que proxectos sostedes?
A Fundación Wikimedia mantén a Wikipedia, unha enciclopedia en liña e unha das cinco páxinas web máis visitadas. Des que se fundou en xaneiro de 2001, e coa incorporación da Fundación Wikimedia en xuño de 2003, o noso crecemento foi asombroso. A Wikipedia en inglés, o noso primeiro proxecto, conta con máis de Template:EN-WP-COUNT artigos nestes intres. Todas as wikipedias nas diferentes linguas, combinadas, conteñen máis de Template:ALL-WP-COUNT artigos.
Amais da Wikipedia, a Fundación Wikimedia tamén sostén:
- A Wikimedia Commons, un repositorio de ficheiros que contén máis de Template:COMMONS-MEDIA-COUNT imaxes, vídeos e sons que se poden empregar libremente
- Os Galilibros, un proxecto para crear libros de texto libres
- O Galizionario, un dicionario multilingüe
- As Galifontes, unha biblioteca de documentos
- As Galinovas, unha páxina web de novas cidadás
- A Galiversidade, unha plataforma de aprendizaxe interactiva
- As Galicitas, unha colección de citas
- As Wikispecies, un directorio da vida na Terra
Tamén damos soporte ao desenvolvemento de MediaWiki, o software wiki de código aberto que está detrás de todas as nosas páxinas web públicas. Axudamos na organización de eventos de divulgación e comunitarios para animarmos a xente a que contribúa nos nosos proxectos, e proporcionamos descargas de copias sen conexión e arquivos da base de datos dos contidos da Wikipedia.
Podes atopar moita máis información na páxina sobre os nosos proxectos.
Como se xestiona a Fundación Wikimedia?
A Fundación Wikimedia conta con Template:STAFF-COUNT traballadores que forman parte do persoal, liderados pola directora executiva, Sue Gardner. O persoal coordina o traballo de centos e centos de voluntarios que achegan contidos aos proxectos da Wikimedia. A Fundación Wikimedia tamén está sostida por un incontable número de voluntarios que participan a través de consellos, por exemplo:
O consello de administración articula a misión e mais a visión da Fundación Wikimedia, revisa e axuda a desenvolver plans a longo prazo, encárgase da supervisión e apoia a Fundación Wikimedia durante o período de recadación de fondos. Trátase da última autoridade organizativa da Fundación Wikimedia tal e como está definido nos seus regulamentos. Consulta os encontros para ver as actas publicadas e as resolucións para ler as resolucións publicadas. A comunidade de colaboradores dos proxectos da Wikimedia son os encargados de elixir parcialmente os membros do consello. Por último, o consello está guiado por outro consello asesor, liderado por Angela Beesley Starling.
Temos unha oficina en San Francisco, California (EUA) onde traballa a meirande parte dos nosos empregados. Todos os membros do consello e o resto do persoal traballan de xeito remoto.
Esforzámonos por operar coa máxima transparencia, por iso publicamos unhas políticas clave e a información financeira.
De onde obtén os seus fondos a Fundación Wikimedia?
A principal vía de obtención de fondos da Wikimedia é a través das doazóns de centos de miles de persoas, pero tamén grazas a diversas subvencións e agasallos en forma de servidores e sitios de hospedaxe (le a páxina dos nosos benfeitores).
A Fundación Wikimedia recibe doazóns procedentes de máis de 50 países de todo o mundo. A doazón media é bastante pequena, pero o cómputo global asegura o noso éxito. A xente pode doar durante todo o ano, pero a Fundación Wikimedia só fai unha petición formal unha vez ao ano.
Non consideramos a publicidade como unha fonte de ingresos.
A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con base nos Estados Unidos de América. As doazóns feitas desde outras nacións tamén poden contar con dedución de impostos. Bótalle unha ollada á páxina sobre desgravación fiscal se queres máis detalles. Preme aquí para obter máis información sobre como realizar unha doazón mediante o PayPal, MoneyBookers ou correo postal. Para calquera outro tipo de doazón, ponte en contacto connosco a través do enderezo donatewikimedia.org.
Cantos cartos esperades reunir?
O plan para o 2010-11 propón uns ingresos de 20,4 millóns de dólares estadounidenses, un incremento do 28% con respecto aos 15,9 millóns de dólares planeados para o 2009-10.
Podes atopar máis información sobre as nosas finanzas nos nosos informes financeiros. Aquí está o noso plan para o 2010-11 (PDF) e velaquí as preguntas e respostas relacionadas con el.
Quen máis apoia o voso obxectivo?
A meirande partes dos nosos fondos proveñen de persoas; xente coma ti. Tamén recibimos doazóns de fundacións comunitarias e privadas, así como contribucións en especie por parte de empresas. Pódense atopar na nosa páxina de benfeitores.
Onde podo atopar máis información sobre as vosas actividades recentes?
Para o ano fiscal 2008-09, descarga o informa anual 2008-2009: versión en PDF (2.0 MB)
Como podo doar?
Para doar, visita a nosa páxina de recadacións. Podes doar mediante tarxeta de crédito (VISA, Mastercard, Discover ou American Express), PayPal, Moneybookers, transferencia bancaria ou enviando un cheque á Fundación. As nosas opcións de doazón inclúen a maioría das moedas (aínda que non todas).
Onde envío os cheques?
Envía os cheques a:
Preferimos cheques en dólares estadounidenses, estendidos en contas bancarias estadounidenses. Custaranos moito procesar os cheques con moeda diferente dos dólares estadounidenses ou procedentes de contas bancarias de fóra dos EUA, o cal fará minguar o valor do teu agasallo. Se non posúes unha conta bancaria estadounidense, podes maximizar o valor da túa doazón mediante o PayPal ou a transferencia bancaria.
Onde envío formularios, cartas ou calquera outro material á Fundación Wikimedia?
Envía toda a correspondencia ao noso enderezo seguro:
Podo facer doazóns de existencias á Fundación Wikimedia?
A Fundación Wikimedia acepta doazóns de existencias. Podes realizar unha doazón transferindo a mercadoría directamente, indicando toda a información necesaria.
Teñen desgravación fiscal as miñas doazóns?
Vai á lista de países se queres máis información.
Se fago unha doazón, como recibo o comprobante fiscal?
Se doas mediante o PayPal ou tarxeta de crédito, recibirás un comprobante fiscal por correo electrónico, sempre que o incluíses no formulario de doazón. Aquelas persoas que realicen unha doazón por cheque superior aos 50 dólares estadounidenses recibirán o comprobante fiscal por correo postal, en caso de que desen o enderezo do remitente. Tamén podes solicitar un comprobante fiscal da túa doazón escribíndonos a givingwikimedia.org (lembra incluír a información de contacto, o método que usaches para doar e a cantidade da doazón).
Podo facer unha doazón para que se empregue nun fin específico?
As organizacións caritativas establecidas nos Estados Unidos de América, a Fundación Wikimedia incluída, están obrigadas a cumprir as restricións solicitadas polos doantes. Isto significa que se especificas o uso concreto que queres que lle deamos á túa doazón nós ou ben respectaremos a túa petición ou ben devolverémosche a doazón. Pero antes de o faceres, ten en conta que as doazóns sen restricións son moito máis útiles para nós. Cada restrición impón gastos xerais de administración e de planificación, e asemade incrementa a complexidade interna en canto á xestión.
Por que hai unha doazón mínima?
A doazón máis pequena que podes realizar é de 1 dólar estadounidense. Recibimos pequenas doazóns de xente que non conta con moitos cartos, e estamos realmente agradecidos de termos estes doantes. En verdade, se o agasallo é significativo para ti, éo tamén para nós. Pero non é insólito atoparse con persoas que fan uso dos sistemas de doazóns como o noso para probaren tarxetas de crédito roubadas para comprobar se funcionan. Esta xente adoita dar unha pequena cantidade de diñeiro para probar: cremos que a cantidade mínima de 1 dólar estadounidense disuadiraos de non facelo.
Que podo facer para axudar ao espallamento da palabra?
Difunde isto do xeito que poidas! Dillo á familia e aos amigos. Cóntalles o que a Wikipedia significa para ti. Pregúntalles se a empregan, e se é así, o que representa para eles. Mesmo podes usar este texto como sinatura ao final dos teus correos electrónicos:
Creamos a mellor colección de coñecemento compartido da historia. Axuda a protexer a Wikipedia. Doa agora: http://wikimediafoundation.org/wiki/WMFJA1/gl
Cal é a vosa política de protección de datos coas doazóns?
Tomamos moi en serio o dereito ao anonimato dos nosos doantes. Bótalle unha ollada á nosa política de protección de datos para obteres máis información. En resumo: non compartimos, nin vendemos nin comerciamos co teu enderezo de correo electrónico.
Como podo poñerme en contacto coa Fundación?
Vai á páxina contacta connosco para obteres máis información.