Appeal/gl
Un chamamento do fundador da Wikipedia, Jimmy Wales
Hoxe pido que realices unha doazón para apoiar a Wikipedia.
Comecei a Wikipedia en 2001, e ao longo destes oito anos fun vendo, atónito, como centos de miles de voluntarios se unían a min para construír a meirande enciclopedia da historia da humanidade.
A Wikipedia non é unha páxina web comercial. É unha creación comunitaria, escrita e mantida integramente por persoas coma ti. Máis de 340 millóns de persoas usan a Wikipedia cada mes; case unha terceira parte da xente con acceso á internet. Ti es parte da nosa comunidade.
Creo en nós, as persoas. Creo que a Wikipedia segue a mellorar. Esa é a idea. Unha persoa escribe algo, outra mellora iso un chisco e así sucesivamente. Se hoxe a atopas útil, imaxina ata onde podemos chegar xuntos en 5, 10 e 20 anos.
A Wikipedia busca o poder da xente coma nós para facer cousas extraordinarias. A xente coma nós escribe a Wikipedia, aos poucos, palabra a palabra. A xente coma nós mantena. É unha proba do noso potencial colectivo para cambiar o mundo.
Necesitamos protexer o espazo no que se desenvolve este importante traballo. Necesitamos protexer a Wikipedia. Querémola manter gratis e sen publicidade. Querémola manter aberta; podes usar a información recollida na Wikipedia do xeito que desexes. Queremos manter o seu crecemento; esparexendo o coñecemento por todas partes e invitando á participación de todo o mundo.
A Fundación Wikimedia é a organización sen fins de lucro que creei en 2003 para administrar, expandir, coidar e protexer a Wikipedia. Con dez millóns de dólares estadounidenses ao ano e cun persoal de menos de 35 persoas, trátase da quinta páxina web máis lida e consultada do mundo. Pido a túa axuda para podermos continuar o noso traballo.
Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano. Aí é cara a onde nos diriximos. E coa túa axuda, chegaremos.
Grazas por usares a Wikipedia. Es parte desta historia: por favor, fai unha doazón.
Jimmy Wales,
Fundador da Wikipedia